
BLIPVERT é transportista autorizado para o transporte de RESIDUOS PERIGOSOS e conta con máis de 15 anos de experiencia no mundo da reciclaxe. Isto permítenos ofrecer un servizo especializado, que en estreita colaboración co cliente, apórtalle un profundo coñecemento sobre a composición dos materiais a reciclar, a porcentaxe previsto de revalorización, as posibilidades de reciclado e unha garantía sobre o destino e adecuado tratamento de todos os materiais. O servizo complétase coa elaboración da información e dos certificados de tratamento correspondentes válidos para auditorías ISO 14001.
Descrición do proceso de reciclaxe das lámpadas incandescentes e halóxenas
Todas as lámpadas incandescentes e halóxenas que recuperamos son introducidas en procesadores especiais para trituración. Os materiais constituíntes son separados mecánica e magnéticamente en cinco clases distintas: metal ferroso, metal non ferroso, vidro e tungsteno ou molibdeno
No comezo do proceso, as lámpadas son partidas en pequenos fragmentos, por medio dun procesador (triturador/muíño). Isto permite separar os diferentes elementos constituíntes.
Posteriormente as partículas trituradas pasan grazas a unha corrente de aire, por un sistema de extracción, onde as partículas máis grandes, como o vidro partido, terminais de aluminio e pezas de latón, son separadas e expulsadas da corrente de aire, por diferenza gravitatoria e por procesos electrostáticos.
O filamento de tungsteno ou molibdeno é recollido en filtros no interior do ciclón e esa é a maior complicación neste proceso de reciclaxe. De feito a concentración destes filamentos no vidro recuperado é o que pode dificultar a súa saída a reciclaxe. O vidro recuperado pois, é testado e enviado a reciclaxe se o filamento foi separado con éxito.
O aluminio e as pezas de latón son enviados como chatarra para reciclaxe. A concentración media de mercurio nestes materiais non supera o límite de 20 mg/kg. Se a proporción de mercurio nos metais pasa os 20 ppm, terase que introducir o material na destiladora para que se recupere o mercurio presente.
Ás lámpadas halóxenas, o seu principal vantaxe consiste no tratamento químico que as faia máis duradeiras, permitindo ademais que a luz que emiten mostre os tons reais dos obxectos. A atmosfera interior da ampola contén unha mestura de gases inertes que non reaccionan co filamento, como o argon e o nitróxeno; pero nestas lámpadas agrégase unha determinada cantidade de elementos halóxenos, como iodo ou bromo, que se van combinando co tungsteno que se evapora, para logo restituirlo ao filamento.As halóxenas proporcionan pois máis luz, e máis branca, que as incandescentes co mesmo consumo. Algunhas lámpadas conéctanse directamente á rede e outras traballan a tensión reducida (12 voltios) e converten o alto voltaxe dos fogares mediante un transformador. A súa duración oscila entre as 2.500 e as 3.000 horas e aplícase en interiores de vivenda, comercios, vitrinas e en toda aquela aplicación que requira efectos decorativos, de acentuación ou unha cota extra de brillo.
A lámpada é un residuo perigoso? Normativas europeas.